Envíanos este formulario cuberto se queres facerte peñista da Peña Celtista Preferencia Celeste nesta tempada 2018-2019.
Le as condicións abaixo antes de envialo.
Recorda que ademáis de enviar este formulario, é necesario pagar a cuota de 10EUR para facerte peñista.
Co envío deste formulario, “DECLARO” non ter sido expulsado nin vetado por calembures asociación ou Peña vinculada ó Real Club Celta de Vigo SAD, ou polo propio Club, e non pertencer ou ter pertencido a ningunha asociación das denominadas “ultras”, de acordo coas normas da Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo e ó Artigo 7° dos Estatutos desta Asociación, así como a lexislación vixente en materia de Asociacións, e declaro non ter impedido o acceso temporal ou permanentemente a ningún recinto deportivo. Enviando este formulario aceptas que os teus datos persoais sexan almacenados por nós no ficheiro “PEÑISTAS” conforme á LOPD, e que sexan cedidos ó Real Club Celta de Vigo SAD e á Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo para poder gozar dos beneficios que como peñista ofrezan ditas entidades. Ambas entidades cumplen coa lei en materia de LOPD. Este datos poden ser tamén ser incluídos no ficheiro “EVENTOS” para futuras notificacións de actividades, eventos ou publicidade da nosa asociación. Se non estás de acordo con estes puntos non envíes este formulario e ponte en contacto connosco por email. Para acceder, modificar ou cancelar os teus datos dos nosos ficheiros “PEÑISTAS” ou “EVENTOS”, por favor, ponte en contacto connosco no noso email preferenciaceleste@gmail.com ou por correo postal a Avenida Fragoso N92 (Cafetería Las Gradas) C.P.:36210, Vigo, Pontevedra. Se eres menor de idade, non envíes este formulario e ponte en contacto connosco por email. Se non queres enviar algún dos datos requeridos a través deste formulario, ponte en contacto connosco por email. Podes consultar unha versión máis clara do uso que facemos dos datos na nosa web no apartado "Información Legal" Unha vez validemos estes datos e te confirmemos que está todo correcto, terás que asinarnos físicamente un impreso en formato papel cos datos deste formulario transcritos para poder validar legalmente a alta.